18F: CCOO pídelles aos partidos políticos «que falen de Galicia» e presenta propostas para os principais retos do país
Ante as eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 18 de febreiro, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia esíxelles aos distintos partidos «compromiso político, valentía e xustiza social», así como un posterior proceso de diálogo social permanente «para buscar consensos o máis plurais posible», subliña o sindicato. «A calidade democrática depende de que se recupere o marco de participación institucional, o diálogo e a concertación social», recalca CCOO nunha declaración institucional. Leer+